02:03 Xoves, 09 de Setembro de 2010
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

No sei por que, pero España sempre confiou a súa historia aos máis analfabetos. ¡Morra a intelixencia!, bradou Millán Astray

Os vermellos seareiros da “vermella”

BAUTISTA ÁLVAREZ

Raimundo Patiño (1936-1985)


Xa sei que na nosa Terra, desgraciadamante, existe unha sociedade híbrida. A dos que nos abonda con sermos galegos soamente e a dos que levan o seu galeguismo na barriga: no anaco de empanada, no polbo á feira e no lacón. Todo o demais -o idioma, a cultura nacional- é considerado por eles un estigma degradante. Non se pode servir asemade a dúas patrias, cando a veneración da allea implica a negación da propia. Ser ou non ser. Este é o dilema hamletiano no que Galiza se debate desde que tomou conciencia do drama arrastrado en séculos de dominación, e que o nacionalismo político trata de resolver de maneira definitiva.

As mortes no traballo deberan de ser todas iguais e as fazañas bélicas deixalas para as pantallas dos cines. Penso con Unamuno que a única revolución que deberían facer os militares sería a autodisolución.

Que se nos perde en oriente?

FRANCISCO CALO LOURIDO

Fotografia de Emilio Morenatti


Santos á forza nin Deus os quere e nós, encirrados polos cregos reaccionarios (sempre que aventan morte ou aires de liberdade, andan polo medio cregos, con independencia do deus adorado na zona), aterrorizamos canto puidemos aos gábachos. Daquela, e despois -pensemos na praxe máis recente dos nazis-, cando había baixas por un atentado, obviamente terrorista, contra membros das forzas de ocupación, a vinganza na poboación civil era pública. Hoxe, por suposto, nada teñen que ver con esa odiosa práctica os obuses que caen entre mulleres e nenos que, malpocados eles, se poñen a celebrar vodas en época de guerra.

En relación aos órganos de goberno, o luns coñeceuse a composición do novo Consello de Administración que dá ao traste coa democratización e profesionalización contemplada na Lei Galega de decembro

Crónica da fusión, privatización e reparto de cargos entre o PP e o PSOE

CLODOMIRO MONTEIRO MARTÍNEZ


No Consello continuarán representantes de partidos e sindicatos favorables á privatización. O PSOE manterá intactos os representantes que conseguiu durante o bipartito, coa continuidade de Salvador Fernández Moreda e de Mar Barcón (que seguirá representando á Coral de Betanzos!!!), Clemente Orozco que continuará nun Consello Territorial. Menos mal que o PSOE defende a profesionalización das Caixas e a saída dos políticos dos órganos de goberno.

Usar palabras, conceptos ou expresións descontextualizados pode levar a conclusións absolutamente falsas, perversas, manipuladas e a contradicións absolutamente flagrantes

Pertenece Núñez Feixoó ao Tea Party?

CÉSAR MOSQUEIRA LOURENZO


O Sr. Núñez Feixoó, nas súas intervencións públicas estanos a deixar un ronsel de razoamentos deste tipo que, aínda que moi reiterados, non deixan de sorprendernos. Ben coñecida é a súa teima en declararse defensor do idioma mentres impulsa o maior recorte que se recorda na Autonomía aos dereitos lingüísticos, burla de Castelao incluída, así como as súas proclamas de potenciar e defender o sistema público de sanidade, ensino e protección social, mentres se adica a recortalos e privatizalos.

En Galiza non existe unha conciencia social sobre o drama e a importancia da sinistralidade laboral que padecemos

Galiza ten o índice máis alto de accidentes laborais do Estado

FERNANDO BRANCO PARGA


O 8 de novembro do ano 95 (hai 15 anos) aprobouse polo Goberno do Estado a Lei de prevención de riscos laborais, e esta unha referencia fundamental na asunción da problemática da sinistralidade laboral. Nesta Lei do ano 95, entre outras novidades, transpoñíanse diferentes directivas europeas dos anos 89, 92 e 94. Pois ben, desde a aplicación desta lei, en Galiza levamos entre 1.300 e 1.400 mortos en accidentes laborais. Isto supón unha media aproximada de case dous traballadores/as mortos á semana, nos últimos 15 anos.

Unha oportunidade inmellorábel para o avance da consciencia social

Razóns de máis para irmos á folga

ALBERTE SOUTO SOUTO



A falta de emprego, particularmente significativo na Galiza e no conxunto do Estado español, supón unha ameaza para a seguranza económica e social de moitas persoas. Unha parte importante da sociedade está a ver gravemente danada a súa estabilidade ao verse abocada xa á perda da súa ocupación laboral, e outra parte avista dita ameaza como real e verificábel nun futuro inmediato, o que tamén os sitúa sob unha sensación na que se mesturan o medo e a desconfianza. Obviamente, estase a reflectir a percepción das persoas traballadoras, e non só daquelas que desempeñan un traballo por conta allea, senón de todas as que non detentan ou partillan poder de dirección nos medios de produción, aínda non sendo a acepción usual do termo.

Río Miño. Foto de Pacheco (1960)

A crise económica é a coartada idónea para avanzar na desigualdade social. O pretexto sob o que o goberno da Xunta está a levar adiante medidas de recorte contra o conxunto dos servizos públicos, alancando na fenda socia

Deshabitando

MONTSE NÓVOA GÓMEZ


Hai decisións, sen volta atrás, que constitúen un antes e un despois na vida colectiva. Hai decisións que en si mesmas desencadean a fin dunha etapa e dun lugar. Cando unha unitaria se pecha, non son catro paredes as que fican a escuras, senón que se deshabita toda esperanza de futuro na súa contorna. A escusa do escaso número de alumnado é o argumento para deixar sen espazo educacional  aos máis cativos, provocando máis precariedade no nivel de vida,  fomentando  a fuxida cara outras zonas ou deshabitando, en definitiva, o rural galego. Pásase do pouco á nada.

Para alén da evidente desgaleguización do repertorio musical, o uso do galego no campo da festa é escaso e sempre residual e subalterno, cando non caricaturizado

As verbenas do país: entre o posíbel e o indesexábel (II)

FRANCISCO XOSÉ REI GARCÍA


Quixen deixar a mantenta para unha segunda reflexión a cuestión dos usos lingüísticos das orquestras, tanto no que ten a ver co repertorio musical como nas súas interaccións co público, no momento da festa, ou mesmo nos soportes escritos que poidan empregar (publicidade, materiais á venda, etc). É, sen dúbida, a parte máis visíbel e audíbel da españolización evidente na que se moven a práctica totalidade dos conxuntos musicais -de orixe e asentamento galego -que se moven nas nosas festas; da mesma maneira que en condicións de normalidad sería ao contrario: a expresión "externa" do compromiso ou, simplemente, da incardinación destas orquestras na cultura do país comezaría polo uso do galego.

Estudo de Caxigueiro

Un exemplo de como son ignoradas ou desprezadas persoas e campos da nosa cultura que podían significar unha fonte importante de ingresos e presenza de Galiza noutros mundos

Caxigueiro en San Martiño

LOIS DIÉGUEZ



Bacelos. Libros con xanelas acaso para mirar dentro o seu contido e o seu futuro. Paisaxes queimadas, casas destruídas. Os títulos de Caxigueiro ofrecen lendas para interpretar realidades que queiman, sensibilidades perseguidas. Caxigueiro é unha parte importante do que hoxe, artisticamente, producimos en Galiza, e que nos ofreza o seu mundo á beira da pasada arquitectura que nos fixo universais e diferentes é un luxo que lle temos que agradecer con aplauso e aperta; e sobre todo, mostrándoo a quen pase por San Martiño como forma de entender o noso pasado e o noso presente, e chamando a xente de dentro e de fóra para que o coñeza tamén.

O desprestixio de todo o que soe a público é condición necesaria para reforzar o negocio das compañías privadas.

A quen lle importan os transportes públicos?

XOÁN COLAZO PAZÓ


Nos anos 80 o reaganismo e o thatcherismo relanzaron o ideoloxema liberal, poñendo en marcha unha serie de medidas privatizadoras nos EUA e Reino Unido que serviron de modelo a moitos outros países con posterioridade. Espallouse con forza a supremacía do privado fronte ao público, a desregulación dos mercados, o conservadorismo e a pretensa non intervención na economía para que unha man invisíbel fora o único actor que asignaría eficientemente os recursos e cubriría todas as necesidades da poboación. Era o antecedente dun modo de facer política e de entender a economía que hoxe con moita maior fondura padecemos as clases populares de todo o mundo.

Somos nós, mozas e mozos, o futuro de Galiza, quen debemos ser conscientes de que soamente cunha mocidade con emprego o noso pobo terá futuro

Folga Xeral: polo futuro da mocidade, polo futuro da nosa nación

LUCÍA LÓPEZ SOBRADO



Pola súa banda, o PP desde o goberno da Xunta de Galiza fai o propio, servindo de tapadeira ás medidas aprobadas polo PSOE e sen poñer en marcha nin unha soa medida a nivel laboral en máis dun ano de goberno. Así, comezou o ano 2010 coa sinaturas de numerosos EREs  para continuar entreténdose, por se fose pouco, co desmantelamento de servizos públicos como a sanidade, o ensino ou o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, desbaldindo millóns de cartos do erario público para a súa privatización. PSOE e PP amósannos, máis unha vez, que son as distintas caras dunha mesma moeda.

Moáis de Rapa Nui

A Verdadeira historia de Rapa Nui: O Periodo Clásico

O embigo do mundo (2ª parte)

MARTIÑO FIZ LÓPEZ LINDOSO


A cultura dos Moai (Estatuas de pedra que representan cabezas humanas) comeza aproximadamente en 1000 DC, todas saen da canteira de Rano Raraku e son trasladadas a outras partes da illa, sempre preto do mar. A cultura dos moai caracterízase porque parece indicar unha certa unidade política da illa. Ademais estas estatuas teñen dende o seu inicio cada vez un maior tamaño, están agrupadas en centros cerimoniais chamados "Ahu" e representan o culto aos antigo.

Cartel sobre o documento "Zutik Euskal Herria"

Para un observador externo é moi doado concluír que desde o españolismo e desde as estruturas do estado hai intereses en que non desapareza a violencia de Euskadi

Zutik Euskal Herria

DUARTE CORREA PIÑEIRO


Cando no pasado mes de febreiro a esquerda abertzale presentou o documento  de cinco folios que dá título a este artigo e no que se recollen as conclusións do debate interno que ao longo de varios meses mantivo a súa militancia co obxecto de decidir o camiño a seguir no futuro moita xente fora de Euskadi recibiu esa nova iniciativa cunha actitude que poderíamos dicir que contiña un 50% de esperanza e outro 50% de escepticismo.

Na actualidade, asúmese o discurso da igualdade pero non se interioriza, por iso é importante Educar para previr. Urxe que as escolas sexan coeducativas, periga a igualdade nas escolas actuais; nas mixtas e nas segregadas.

A escola mixta non coeduca

LUÍSA GONZÁLEZ RODRÍGUEZ


O/a machista non nace, vaise facendo pouco a pouco, desde os primeiros anos da súa vida co que ve e escoitando no seu entorno. Desde as primeiras etapas da vida, hai un trato diferente, por parte dos diferentes axentes socializadores, a familia, a escola, os medios de comunicación... dependendo do sexo da crianza. A influencia da educación familiar e social no comportamento dos individuos vai na dirección marcada polo contido dos estereotipos de xénero, fomentando nos cativos un maior control na expresión de afecto e unha maior agresividade.

Os tres das Azores

Non me refiro a Millán Astray físico, esa especie de home-mecano, fundador da lexión española, que lle berrou a Miguel de Unamuno o de “viva la muerte!”, “muera la inteligencia”, ese xa hai tempo que podreceu

Millán Astray segue vivo

JOÁM LUÍS FERREIRO CARAMÊS



Hoxe a dereita española xa non está calada, xa non quedan nas súas casas a ver como actúan desde as sombras os seus "axentes", xa non falan na intimidade como Aznar o catalán. Agora saen á rúa a manifestarse, pola "vida" ou pola "liberdade" lingüística, teñen canles de tv onde "vomitan" continuamente e insultan a todo o que non se move ou respira como eles. Tanta chulería que Aznar di que España xa loitou contra Al Qaeda na batalla de Lepanto ou Feijoo emocionado defendendo as touradas dinos que Picasso era Catalán (aínda que ao final dixo, "creo", por si acaso).

Día da Galiza Mártir 2010
Viaxe por París
Aniversario Moncho Reboiras 2010

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#bautistaalvarez#code#org