02:02 Xoves, 09 de Setembro de 2010
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

Para alén da evidente desgaleguización do repertorio musical, o uso do galego no campo da festa é escaso e sempre residual e subalterno, cando non caricaturizado

As verbenas do país: entre o posíbel e o indesexábel (II)

FRANCISCO XOSÉ REI GARCÍA


Quixen deixar a mantenta para unha segunda reflexión a cuestión dos usos lingüísticos das orquestras, tanto no que ten a ver co repertorio musical como nas súas interaccións co público, no momento da festa, ou mesmo nos soportes escritos que poidan empregar (publicidade, materiais á venda, etc). É, sen dúbida, a parte máis visíbel e audíbel da españolización evidente na que se moven a práctica totalidade dos conxuntos musicais -de orixe e asentamento galego -que se moven nas nosas festas; da mesma maneira que en condicións de normalidad sería ao contrario: a expresión "externa" do compromiso ou, simplemente, da incardinación destas orquestras na cultura do país comezaría polo uso do galego.


Un exemplo de como son ignoradas ou desprezadas persoas e campos da nosa cultura que podían significar unha fonte importante de ingresos e presenza de Galiza noutros mundos

Caxigueiro en San Martiño

LOIS DIÉGUEZ

Estudo de Caxigueiro



Bacelos. Libros con xanelas acaso para mirar dentro o seu contido e o seu futuro. Paisaxes queimadas, casas destruídas. Os títulos de Caxigueiro ofrecen lendas para interpretar realidades que queiman, sensibilidades perseguidas. Caxigueiro é unha parte importante do que hoxe, artisticamente, producimos en Galiza, e que nos ofreza o seu mundo á beira da pasada arquitectura que nos fixo universais e diferentes é un luxo que lle temos que agradecer con aplauso e aperta; e sobre todo, mostrándoo a quen pase por San Martiño como forma de entender o noso pasado e o noso presente, e chamando a xente de dentro e de fóra para que o coñeza tamén.


Coa lectura desta obra saberemos máis da nosa cultura, da nosa historia, da nosa lingua e da nosa literatura dunha época que significou grandes cambios e avances para Galiza

Unha lectura de Scórpio, de Ricardo Carvalho Calero

MÓNICA PAZOS MARTÍNEZ

Portada do libro


A perda de transmisión xeracional e a distancia entre o galego culto e popular aparecen en Scórpio: "Os meus pais falavam em galego entre si, mas a mim falavan-me em castelhano. A mim e à minha irmá júlia, que morreu aos treze anos da sua idade. Assi que eu falei sempre em castelhano com Aurélia,  e os meus filhos já nom falarom mais que em castelhano com toda a gente. Eu, cando ainda me dedicava aos negócios, podia falar galego cos obreiros. Mas o meu galego é mui distinto do galego que escreve Rafael (...) E é que o galego que falamos está  mui estropiado, porque as gentes de mais poder e riqueza e cultura falam ordinariamente em castelhano, e todos tendem a imitá-las".


NÉSTOR REGO CANDAMIL

Vimos de coñecer a noticia da desaparición –agardamos que temporaria- do semanario A Nosa Terra

Días difíceis para a imprensa en galego

FELIPE SENÉN LÓPEZ GÓMEZ

Do río Eo ao Miño, o perfil da Galiza con case 3.000 quilómetros de beiramar, variada e polícroma gama de orexenias, de paisaxes expostos ao Atlántico

Uso e abuso das praias galegas

EUGÉNIO OUTEIRO LOJO

É justo dizer que em Portugal se criárom em tempos mapas similares com ideologia imperialista

De princípios, meios e fins

XAVIER CAMPOS LÓPEZ

Cultura é tamén dinamismo social e vivencia colectiva e é positivo e necesario que as áreas de cultura aposten pola cooperación e a complicidade da sociedade

Cultura desde a base

FELIPE SENÉN LÓPEZ GÓMEZ

Coqueta lúa, silandeira na noite, cunha faciana oculta, gótica, esbrancuxada dos amores e dos desamores, sempre incorrespondida ó redor do arrogante Sol do ouro

Lúa de agosto dos aluados

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 seguinte

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#bautistaalvarez#code#org