Discursos do 12 de agosto de 2012 da Homenaxe a Moncho Reboiras no 37 Aniversario do seu asasinato do acto organizado pola Unión do Povo Galego (UPG) no Cantón da cidade de Ferrol despois da ofrenda floral e canto da Internacional na Rúa da Terra, lugar onde foi asasinado.
Os discursos correron a cargo de Iván Rivas Rico, Portavoz do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) en Ferrol e Néstor Rego, Secretario Xeral da Unión do Povo Galego (UPG).
Xosé Díaz Díaz analiza neste caderno -de 130 páxinas de extensión- como é o proxecto de Lei dos Orzamentos Xerais do Estado para 2012 e os investimentos do SPC na Galiza. As cuestións tratadas, entre outras moitas, son as seguintes:
-A estructura económica do investimento
-Os fondos de compensación
-Os resultados por Comunidades Autónomas
-Orzamentos Xerais do Sector Público Central 2012
-Investimentos iniciais SPC na Galiza 2012
O economista Pepe Díaz volve a a facer unha completa e exhaustiva análise dos resultados electorais. Nesta ocasión, dos comicios celebrados o pasado 20 de novembro correspondentes ás Eleccións Xerais. Na mesma son pormenorizados todos os campos, categorías e variables electorais, prestándose especial relevancia aos resultados do Bloque Nacionalista Galego (BNG).
Entrevista feita por Xosé Ramón Ermida e traducida por Moisés Ribadulla a Samir Amín, prestixioso economista exipcio e un dos pensadores marxistas máis importantes da súa xeración, con motivo da súa presenza na Semana Galega de Filosofía, celebrada en Pontevedra o pasado mes de abril.
Exhaustiva análise levada a cabo polo economista Pepe Díaz. Na mesma son pormenorizados todos os campos, categorías e variables electorais, prestándose especial relevancia aos resultados do Bloque Nacionalista Galego (BNG).
Nesta compilación a cargo de Robert Neal Baxter recolle e traduce boa parte das intervencións que tiveron lugar na manifestación que tivo lugar en Londres en protesta contra a visita do Papa ao Reino Unido entre o 16 e o 19 de setembro de 2010. Tradúcense as seguintes intervencións:
- Peter Tatchel, activista a prol dos dereitos humanos.
- Clara Connolly, representante de Mulleres conta o Fundamentalismo.
- Richard Dawkins, científico e ateo militante.
- Maryam Namazie, representante do grupo que se opón á Lei Islámica (xaria) no Reino Unido.
- Padre Bernard Lynch, sacerdote católico gay que traballa con persoas afectadas polo VIH.
[Visor de PDF]
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#bautistaalvarez#code#org