No Consello continuarán representantes de partidos e sindicatos favorables á privatización. O PSOE manterá intactos os representantes que conseguiu durante o bipartito, coa continuidade de Salvador Fernández Moreda e de Mar Barcón (que seguirá representando á Coral de Betanzos!!!), Clemente Orozco que continuará nun Consello Territorial. Menos mal que o PSOE defende a profesionalización das Caixas e a saída dos políticos dos órganos de goberno.
O 8 de novembro do ano 1995 (hai 15 anos) aprobouse polo Goberno do Estado a Lei de prevención de riscos laborais. A mesma é unha referencia fundamental na asunción da problemática da sinistralidade laboral. Nesta Lei do ano 95, entre outras novidades, transpoñíanse diferentes directivas europeas dos anos 89, 92 e 94. Pois ben, desde a aplicación desta lei, en Galiza levamos entre 1.300 e 1.400 mortos en accidentes laborais. Isto supón unha media aproximada de case dous traballadores/as mortos á semana, nos últimos 15 anos.
Nos anos 80 o reaganismo e o thatcherismo relanzaron o ideoloxema liberal, poñendo en marcha unha serie de medidas privatizadoras nos EUA e Reino Unido que serviron de modelo a moitos outros países con posterioridade. Espallouse con forza a supremacía do privado fronte ao público, a desregulación dos mercados, o conservadorismo e a pretensa non intervención na economía para que unha man invisíbel fora o único actor que asignaría eficientemente os recursos e cubriría todas as necesidades da poboación. Era o antecedente dun modo de facer política e de entender a economía que hoxe con moita maior fondura padecemos as clases populares de todo o mundo.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#bautistaalvarez#code#org