23-08-2010
Colombia sofre unha guerra civil desde 1948. Mentres a ex-provincia arredada e díscola de Venezuela nadou na abundancia petroleira durante gran parte do século XX, as clases dirixentes colombianas artellaron un plan, disfrazándoo de democracia, para perpetuarse no poder e manter na miseria a dous terzos da poboación. Máis de nove millóns de colombianos residen no estranxeiro, máis de tres millóns deles en Venezuela.
O goberno de Fernando Lugo atópase seriamente ameazado e as probabilidades dun "golpe institucional", pérfida invención para sacarse de enriba presidentes molestos como Zelaya en Honduras, potenciáronse en días recentes. A grave enfermidade que o afecta e o rigoroso tratamento a que se verá sometido serven en bandexa ao desprestixiado Congreso paraguaio o pretexto para destituílo "legalmente". Se isto finalmente se concreta produciríase unha gravísima regresión política que poría abrupto fin á primavera democrática vivida nos últimos dous anos.
Cal sería a diferenza entre que as armas nucleares as teñan uns ou outros? Prefeririamos que ninguén as tivera, mais facendo algo de memoria da arrepíos pensar que os defensores da paz, os EEUU son a masacre e o xenocidio feita estado. Exterminaron aos nativos americanos do seu propio territorio. Foron os primeiros en asasinar a traizón a miles de persoas ao mesmo tempo cunha bomba nuclear, sen xustificación defensiva de ningunha clase, e simplesmente como medida propagandística perante un inimigo xa derrotado. Nin Irán nin Corea do Norte pertencen ao clube mundial do imperialismo e a agresión liderado polos EEUU. Isto é un feito contrastábel á marxe das diferenzas ideolóxicas con estes países.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#bautistaalvarez#code#org