19-06-2012
Humala recoñecera a importancia da minaría nunha entrevista na campaña electoral: «O Perú vive fundamentalmente do imposto á renda que cobra ao sector mineiro. E o Estado non participa na repartición de beneficios das riquezas mineiras, porque renunciou á propiedade deste recurso. Se o Perú vive disto, o Perú é de quen ten os xacementos mineiros. Daquela, o país xa non nos pertence.
Ningún medio de comunicación de ámbito estatal recolleu ata hoxe a noticia de que un mozo saharauí de 21 anos, Lafkir Kaziza, el mesmo detido e torturado polos axentes da policía marroquí, levou dezasete días en folga de fame diante da Embaixada de Marrocos en Madrid pedindo o respecto dos dereitos humanos no Sahara Occidental e a liberación dos detidos políticos que seguen no cárcere, en espera de xuízo, dende os días que seguiron á destrución brutal do campamento de Gdeim Izik.
A Revista América Latina en Movemento adicou o seu número do mes de maio a un tema cada día máis presente nos ámbitos da esquerda latinoamericana, este tema é o do papel que debe xogar esa esquerda (considerando este concepto como algo amplo que engloba tamén a movementos denominados nacionalistas, progresistas, indixenistas, etc…) nos diversos procesos de transición política de rexímenes marcados polo neoliberalismo a gobernos de matriz popular.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#bautistaalvarez#code#org