21:14 Venres, 10 de Setembro de 2010
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

MANUEL REI ROMEU Perfil

A Estrada, 1964

Manuel Rei Romeu


Realiza os seus estudos de Bacharelato no Instituto da Estrada. A continuación cursa estudos de Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, onde se acrecentará o seu interese polas figuras máis relevantes da literatura galega. Na actualidade alterna o seu traballo no IES "Concepción Arenal" de Ferrol con labores políticos no Concello de Pontedeume (concelleiro na oposición), onde reside.   

Xa nos seus tempos de estudante de Bacharelato no Instituto da Estrada obtén os primeiros premios en concursos de narrativa, publicando algúns relatos en revistas e xornais. Pero nos seus tempos de estudante universitario comeza con pequenas contribucións en publicacións colectivas sobre Curros Enríquez, Ramón Cabanillas e Celso Emilio Ferreiro. Ao longo de máis dunha década centra os seus esforzos na análise da obra literaria e política de Castelao, referente que figurará para a súa obra ensaística. Así publicou Arte e Verdade. A obra literaria de Daniel Castelao (Ed. do Cumio, 1991), Castelao e Sempre en Galiza (Laiovento, 1996), Alfonso Daniel Castelao (A Nosa Terra, 1999), Castelao: Desta Terra, deste tempo (Consello da Xuventude de Galicia, 2000) e tamén dúas antoloxías do mesmo autor: A Narrativa de Castelao. Antoloxía (ASPG-A Nosa Terra, 1997) e Sempre en Galiza (A Nosa Terra, 1997). Así mesmo foi un dos integrantes do comité científico encargado da publicación da Historia da Literatura Galega (ASPG-A Nosa Terra, 1996). Tamén colaborou na obra Literatura Galega. Século XX (A Nosa Terra, 2001) e en Literatura Galega: Da Idade Media ao Século XIX (A Nosa Terra, 2002) en conxunto con Elvira Roiz Mesías.  

Ademais desenvolve un intenso labor ao longo dos anos impartindo charlas por toda a nosa xeografía en Concellos e Centros de Ensino, participando en Congresos, Seminarios, Xornadas...

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#bautistaalvarez#code#org