O/a machista non nace, vaise facendo pouco a pouco, desde os primeiros anos da súa vida co que ve e escoitando no seu entorno. Desde as primeiras etapas da vida, hai un trato diferente, por parte dos diferentes axentes socializadores, a familia, a escola, os medios de comunicación... dependendo do sexo da crianza. A influencia da educación familiar e social no comportamento dos individuos vai na dirección marcada polo contido dos estereotipos de xénero, fomentando nos cativos un maior control na expresión de afecto e unha maior agresividade.
Hoxe a dereita española xa non está calada, xa non quedan nas súas casas a ver como actúan desde as sombras os seus "axentes", xa non falan na intimidade como Aznar o catalán. Agora saen á rúa a manifestarse, pola "vida" ou pola "liberdade" lingüística, teñen canles de tv onde "vomitan" continuamente e insultan a todo o que non se move ou respira como eles. Tanta chulería que Aznar di que España xa loitou contra Al Qaeda na batalla de Lepanto ou Feijoo emocionado defendendo as touradas dinos que Picasso era Catalán (aínda que ao final dixo, "creo", por si acaso).
A respecto de organismos autónomos necesita Galiza con urxencia varios. Ineludible a creación do Instituto Xeográfico Nacional que coordine toda a cartografía do territorio e a sirva á administración, empresas e particulares evitando as múltiples actuacións ao respecto. Andalucía, Catalunya (Institut con moitos anos e moi desenrolado) e Valencia xa contan con el. Necesítase a Axencia Galega de Protección de Datos adaptada ás nosas características de poboación, xa existen as de Catalunya, Madrid e Euskadi. Ademais demándase unha Autoridade Galega de Certificación, as competencias de control no cumprimento dos servizos de Telecomunicacións e unha Oficina Galega para as TIC móbiles que sexa capaz de xestionar o compromiso entre a alarma social xerada pola instalación de antenas e a súa necesidade
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#bautistaalvarez#code#org